Queres aforrar na luz?
Aproveita o sol e aforra colocando placas solares no tellado da túa casa
Fotovoltaica
As placas fotovoltaicas son unha inversión de futuro para a túa casa. Instala no tellado da túa casa ou empresa placas fotovoltaicas. O sol é a fonte de electricidade máis barata, non se esgota nin encarece. Aforra de media un 70% – 80% na túa factura eléctrica. A luz do sol producirá a electricidade para a túa casa. Recuperación rápida da inversión. Os paneis teñen unha garantía de 25 anos e resisten condicións climáticas adversas. A instalación non gasta combustibles nin produce residuos.
Aerotermia
A aerotermia é unha enerxía renovable. A aerotermia é a opción máis axeitada para substituír ineficientes sistemas de calefacción, xa que utiliza o calor do aire exterior para quentar o teu fogar en inverno, refrescalo no verán e producir auga quente durante todo o ano.
Eficiencia enerxética
Foncalgás Xinzo é unha empresa de fontanería que realiza estudos personalizados económico-enerxéticos para analizar cal é a túa mellor opción de aforro, propoñendo medidas que axudan a mellorar o confort no teu fogar.
Realizamos estudos de eficiencia enerxética das túas vellas instalacións e substituímolas por sistemas máis eficientes, económicos e respectuosos co medio ambiente. Se o teu sistema é máis eficiente consumes menos e aforras cartos.
Radón
A nosa empresa
Dende 1989, Foncalgás leva prestando servizos de fontanería, calefacción e gas, adaptándose ás innovacións técnicas e demandas do mercado, contando así con políticas de I+D+i.
Sabemos que o noso equipo é o mellor activo por iso contamos co persoal máis cualificado en formación continua. Desta maneira, ofrecemos produtos e instalacións coa calidade que pide o cliente máis esixente.
Contamos cos recursos materiais axeitados a cada tipo de obra, co fin de proporcionar a cobertura necesaria para o correcto desenvolvemento de cada actividade, cumprindo así de modo sistemático cos prazos do proxecto.

Consultoría enerxética
Estudamos cada caso en particular, creando un perfil enerxético da túa casa ou empresa para ofrecera mellor solución ás túas necesidades, nin máis nin menos.
O primeiro paso é analizar a casa ou negocio, averiguar qué falla e pensar cómo melloralo empregando o sistema de calefacción e auga que mellor se adapte, sexa aerotemia, placas solares ou unha combinación de ambas co sistema máis axeitado como é o suelo radiante. Foncalgás encargarase de realizar a obra ou reforma na túa casa e, se fose preciso, axudaríamoste cos trámites de financiación.