Empresa
Dende 1989, Foncalgás leva prestando servizos de fontanería, calefacción e gas, adaptándose ás innovacións técnicas e demandas especificadas no mercado, contando así con políticas de I+D.

Sabemos que o noso equipo é o mellor activo por iso contamos co persoal máis cualificado en formación continua. Desta maneira, ofrecemos produtos e instalacións de calidade acordo cos canons de calidade que pide o cliente máis esixente.
Contamos cos recursos materiais axeitados a cada tipo de obra, co fin de proporcionar a cobertura necesaria para o correcto desenvolvemento de cada actividade, cumprindo así de modo sistemático cos prazos do proxecto.
Aval de garantía e posibilidade de mantemento periódico das instalacións realizadas.
Gústanos innovar.
Os nosos servizos

Fontanería
Especializados en obra nova, tanto en edificios de gran envergadura, como medianos ou casas unifamiliares e avarías en xeral.

Calefacción
Xestión enerxética.
Estudamos a súa climatización comparando a mellor opción en cada caso.

Gas
O gas como forma de enerxía ofrece un aforro enerxético e económico fronte a outras enerxías.

Renovables
Estamos convencidos das posibilidades que brindan as enerxías renovables como fonte de enerxía limpa e respectuosa co medio ambiente.
Fontanería
Especializados en obra nova, tanto en edificios de gran envergadura, como medianos ou casas unifamiliares e avarías en xeral. Foncalgás fomos pioneiros na provincia de Pontevedra na utilización de polietileno reticulado para uso sanitario.
Realizamos interiores de vivendas tanto en polietileno reticulado como en tubaxe multicapa, seccións e especificacións técnicas segundo a normativa vixente.
Adaptámonos ao cliente, tanto dende o punto de vista técnico como de tamaño da infraestrutura, grazas ao noso amplo equipo técnico e humano de profesionais cualificados para as accións que nos demanden. Realización de instalacións contra incendios tanto en edificios como en aparcadoiros.

Gas
O gas como forma de enerxía ofrece un innumerable aforro enerxético e económico fronte a outras enerxías. Ademais, é a enerxía fósil máis respectuosa co medio ambiente.
Realizamos instalacións de gas en obra nova e reformas sempre cumprindo a normativa vixente e utilizando materiais de gran calidade certificados por Aenor.
Dispoñemos do carné autorizado pola Consellería de Industria Categoría A.

Renovables
Estamos convencidos das posibilidades que brindan as enerxías renovables, como fonte de enerxía limpa e respectuosa co medio ambiente. Asesoramos dende o punto de vista técnico, mantendo unha estreita responsabilidade das instalacións realizadas.
Elaboramos estudos de viabilidade adaptando os distintos sistemas para así lograr o máximo aforro. Tanto a colocación de aerotermias e xeotermias ou integración de placas solares fotovoltaicas no sistema.

Calefacción

Xestión enerxética. Estudamos a súa climatización comparando a mellor opción en cada caso, analizando o máis eficaz e interesante enerxeticamente.
Facemos realidade o seu proxecto, instalando todos os equipos necesarios e aportando solucións coherentes polo noso persoal amplamente formado, para que así teña un óptimo funcionamento a súa instalación.
Especializados en calefacción invisible mediante chan radiante por auga e igualmente na instalación de emisores e quentadores de diversa índole (aceiro, aluminio ou ferro) e fancoils, dando así solución axeitada a cada local a quecer.
Realización de mantementos para o correcto funcionamento.
Contacto
Se queres poñerte en contacto con nós, podes facelo a través destes medios:
986 661 772
986 661 772
Asesoramento personalizado