Ola!


Se estas buscando unha empresa de confianza instaladora de calefaccion, gas, fontaneria e enerxias renovables non precisas buscar máis!

Empresa

Dende 1989, Foncalgás leva prestando servizos de fontanería, calefacción e gas, adaptándose ás innovacións técnicas e demandas especificadas no mercado, contando así con políticas de I+D.

Example

Sabemos que o noso equipo é o mellor activo por iso contamos co persoal máis cualificado en formación continua. Desta maneira, ofrecemos produtos e instalacións de calidade acordo cos cánones de calidade que esixe o cliente máis esixente.

Contamos cos recursos materiais axeitados a cada tipo de obra, co fin de proporcionar a cobertura necesaria para o correcto desenvolvemento de cada actividade, cumprindo así de modo sistemático cos prazos do proxecto.

Aval de garantía e posibilidade de mantemento periódico das intalacións realizadas.

Gústanos innovar.

Os nosos servizos


Fontanería


Especializados en obra nova, tanto en edificios de gran envergadura, como medianos ou casas unifamiliares e averias en xeral. Foncalgás fomos pioneiros na provincia de Pontevedra na utilización de politileno reticulado para uso sanitario.

Realizamos interiores de vivendas tanto en politileno reticulado como en tubería multicapa, seccións e especificacións técnicas según normativa vixente

Adaptámonos ao cliente dende o punto técnico como de tamaño da infraestructura grazas ao noso amplo equipo técnico e humano de profesionais cualificados para as accións que nos demanden. Realización de instalacións contra incendios tanto en edificios como en aparcadoiros.

Example

Calefacción


Example

Xestión enerxética. Estudamos a súa climatización comparando a mellor opción en cada caso, analizando o máis eficaz e interesante enerxéticamente.

Facemos realidade o seu proxecto, instalando tódolos equipos necesarios e aportando solucións coherentes polo noso persoal amplamente formado, para que así teña un óptimo funcionamento a súa instalación.

Especializados en calefacción invisible mediante chan radiante por auga e igualmente na instalación de emisores e quecedores de diversa índole (aceiro, aluminio ou ferro) e fancoils, dando así solución axeitada a cada local a quecer. Realización de mantementos para o correcto funcionamento.

Gas


O gas como forma de enerxía ofrece un innumerable aforro enerxético e económico fronte a outras enerxías. Ademáis é a enerxía fósil máis respectuosa co medio ambiente.

Realizamos instalacións de gas en obra nova e reformas sempre cumprindo a normativa vixente e utilizando materiais de gran calidade certificados por Aenor.

Dispoñemos do carné autorizado pola Conselleria de Industria Categoria A.

Example

Renovables


Estamos convencidos das posibilidades que brindan as enerxías renovables, como fonte de enerxía limpa e respectuosa co medio ambiente. Asesoramos dende o punto de vista técnico, mantendo unha estreita responsabilidade das instalacións realizadas.

Realizamos estudos de viabilidade adaptando os distintos sistemas para así lograr o máximo aforro.

Estudamos a viabilidade da colocación de caldeiras de biomasa completamente automatizadas con combustible ecolóxico e económico.

Example

Contacto


Se queres poñerte en contacto con nós podes facelo a través destes medios: